A veciñanza de Coia volve mobilizarse nun velorio polos dereitos sociais tras a manifestación da pasada semana contra o barco na rotonda do barrio vigués. Foto de @adrianrbravo.
Fálase
A xustiza desestima a demanda de Hijos de Rivera e outras cinco firmas contra o FROB e NCG polo investimento realizado na entidade. A xuíza alega que "sobre os investidores pesaba a dilixencia de comprobación dos datos proporcionados pola entidade".
O novo alumeado da rotonda de Coia custará 115.000 euros, segundo publica o xornal Vigo Dixital. Trátase dunha partida aprobada o pasado mes de xullo "que por si mesma xa supera os 100.000 euros que segundo o alcalde ía custar instalar o Bernardo Alfageme".
Guanyem, Podemos, ICV, Equo e Procés Constituent acadan un acordo para concorrer xuntos ás municipais de maio co obxectivo de "devolver Barcelona aos seus veciños".
Liberdade baixo fianza de 200.000 euros para Bárcenas. A Audiencia Nacional estima parcialmente o recurso imposto polo ex tesoureiro do PP e abandonará a prisión.
Dous médicos galegos, María Jesús Sobrido Gómez e Manuel Arias Gómez, novos coordinadores da Sociedade Española de Neuroloxía.
O secretario xeral de Ciudadanos garante que o partido participará nas municipais en Galicia. Afírmao malia non "lembrar o nome" do "coordinador" da formación no país.
O Papa asegura que para ser bo católico non fai falta "ter fillos como coellos" e asegura que ter "tres fillos por familia" é a media aconsellada polos expertos.
O FMI carga contra Podemos, ao que cualifica de "populista" e que cre que é "preocupante" que poida acceder ao poder.
A votación para elixir o secretario xeral de Podemos en Ferrol repetirase despois das eleccións municipais de maio, segundo adianta o Diario de Ferrol. A dirección da formación determinou que as irregularidades detectadas en decembro se deberon a un ataque informático.