O Papa asegura que para ser bo católico non fai falta "ter fillos como coellos" e asegura que ter "tres fillos por familia" é a media aconsellada polos expertos.
Fálase
O FMI carga contra Podemos, ao que cualifica de "populista" e que cre que é "preocupante" que poida acceder ao poder.
A votación para elixir o secretario xeral de Podemos en Ferrol repetirase despois das eleccións municipais de maio, segundo adianta o Diario de Ferrol. A dirección da formación determinou que as irregularidades detectadas en decembro se deberon a un ataque informático.
El Diario entrevista os directores do documental Ciutat Morta, que afirman que "é triste ver a resposta nove anos máis tarde cando a información do 4-F estaba aí"
Público entrevista o politólogo especialista en reestruturacións de débeda Éric Toussaint, que avoga pola "suspensión unilateral do pagamento da débeda", como "acto soberano" que altere a "relación de forza cos acredores" para obrigalos "a visibilizarse".
España é o segundo país con máis desigualdade da UE, só por detrás de Letonia, segundo recolle un informe de Intermon Oxfam, que destaca que o 1% dos españois concentra máis riqueza que o 70% máis pobre.
A Xunta inicia os trámites para financiarse sen xuros a través do Estado. Recólleo La Opinión
O eixo atlántico de alta velocidade funcionará varios meses sen o sistema de seguridade que faltaba en Angrois. Cóntao El País
Gayoso e outros catro ex directivos de Novacaixagalicia serán xulgados na Audiencia Nacional a partir do vindeiro 18 de maio polas prexubilacións millonarias da entidade. Recólleo El País
CIG-Saúde rexeita o ERE e a modificación das condicións de traballo que vén de anunciar a dirección de Povisa. O sindicato denuncia que o centro médico vigués "segue a despedir e a precarizar emprego" a pesar de obter 11 millóns de beneficios en 2013