El Diario entrevista os directores do documental Ciutat Morta, que afirman que "é triste ver a resposta nove anos máis tarde cando a información do 4-F estaba aí"
Fálase
Público entrevista o politólogo especialista en reestruturacións de débeda Éric Toussaint, que avoga pola "suspensión unilateral do pagamento da débeda", como "acto soberano" que altere a "relación de forza cos acredores" para obrigalos "a visibilizarse".
España é o segundo país con máis desigualdade da UE, só por detrás de Letonia, segundo recolle un informe de Intermon Oxfam, que destaca que o 1% dos españois concentra máis riqueza que o 70% máis pobre.
A Xunta inicia os trámites para financiarse sen xuros a través do Estado. Recólleo La Opinión
O eixo atlántico de alta velocidade funcionará varios meses sen o sistema de seguridade que faltaba en Angrois. Cóntao El País
Gayoso e outros catro ex directivos de Novacaixagalicia serán xulgados na Audiencia Nacional a partir do vindeiro 18 de maio polas prexubilacións millonarias da entidade. Recólleo El País
CIG-Saúde rexeita o ERE e a modificación das condicións de traballo que vén de anunciar a dirección de Povisa. O sindicato denuncia que o centro médico vigués "segue a despedir e a precarizar emprego" a pesar de obter 11 millóns de beneficios en 2013
A Xunta confirma unha comparecencia de Feijóo no Parlamento neste mes sobre "medidas de impulso democrático". É a intervención que vén avanzando dende que o presidente se negou a comparecer sobre o caso Zeta.
O escritor e editor Xosé Antonio Perozo é o novo presidente de GALIX, a Asociación Galega de Literatura Infantil e Xuvenil, acompañado de Mercedes Cerdeiras e Francisco Castro como vicepresidentes
Un regatista denuncia que non o deixan participar cun barco denominado No a Celulosas na Regata Interclubs Ría de Pontevedra - Premio Deputación de Pontevedra. Juan Carlos Pérez era un dos favoritos nesta competición. As bases prevén que a organización poida descartar un barco cuxo nome ou publicidade vaia "en contra dos intereses propios da organización e bo nome desta regata"