A Xunta confirma unha comparecencia de Feijóo no Parlamento neste mes sobre "medidas de impulso democrático". É a intervención que vén avanzando dende que o presidente se negou a comparecer sobre o caso Zeta.
Fálase
O escritor e editor Xosé Antonio Perozo é o novo presidente de GALIX, a Asociación Galega de Literatura Infantil e Xuvenil, acompañado de Mercedes Cerdeiras e Francisco Castro como vicepresidentes
Un regatista denuncia que non o deixan participar cun barco denominado No a Celulosas na Regata Interclubs Ría de Pontevedra - Premio Deputación de Pontevedra. Juan Carlos Pérez era un dos favoritos nesta competición. As bases prevén que a organización poida descartar un barco cuxo nome ou publicidade vaia "en contra dos intereses propios da organización e bo nome desta regata"
Este luns inaugúrase a autoestrada do mar entre Vigo e Nantes-Saint Nazaire, antes de que a UE autorice as axudas estatais, que suman 23 millóns de euros. A liña viguesa, que se abrirá cinco anos despois do previsto, parte coa vantaxe do fracaso da liña Xixón-Nantes, que operaba ata o pasado ano.
A DGT recomenda precaución na A-6 e na N-VI ao seu paso pola montaña lucense por por da neve
O Goberno central aumenta o gasto en asesores case un 20%. Recólleo El País
Hoxe comeza en Compostela o xuízo contra o ladrón confeso do Códice Calixtino. Entre as dúbidas a despexar figura se Manuel Fernández Castiñeiras acusará o ex deán da Catedral compostelá.
Xunta e Concello de Celanova invisten 250.000 euros en reproducir un castro mentres desatenden o orixinal. Cóntao El País
Na Segunda B, vitoria do Somozas ante o Burgos (1-0). Empate do Coruxo ante o Sporting B (2-2). E derrotas do Rácing de Ferrol en Murcia (1-0), do Compostela ante a Cultural Leonesa (0-2) e do Celta B en Langreo (1-0)
Rematou a xornada na Terceira galega. Pontevedra, Cerceda, Ribadumia e Depor B lideran a clasificación
Bergantiños 0-2 Pontevedra
Deportivo B 1-0 Alondras
Silva 0-2 Arousa
Racing Vilalbés 2-3 Choco
Ordes 1-2 Laracha
Boiro 4-1 Bertamiráns
Cultural Areas 0-4 Barbadás
Xuventú Sanxenxo 0-1 Rápido de Bouzas
Ribadumia 4-1 As Pontes
Ribadeo - Cerceda (adiado)