Este luns inaugúrase a autoestrada do mar entre Vigo e Nantes-Saint Nazaire, antes de que a UE autorice as axudas estatais, que suman 23 millóns de euros. A liña viguesa, que se abrirá cinco anos despois do previsto, parte coa vantaxe do fracaso da liña Xixón-Nantes, que operaba ata o pasado ano.
