O transporte galego reclama 150 millóns do céntimo sanitario, incluso de anos prescritos.
Fálase
Fomento acepta asumir o sobrecusto das expropiacións no rescate das autoestradas. O Ministerio cede ante concesionarios e banca e o Estado podería gastar 2.300 millóns de euros.
GzVídeos resume as mobilizacións dos mariñeiros do cerco que onte acabaron con duras cargas pola policía e varios feridos e detidos.
Os mariñeiros do cerco que permanecían pechados no Parlamento abandonan o Pazo do Hórreo co compromiso de poder regresar mañá ás 10 da mañá.
O TSXG dálle un novo pau á Xunta e obriga a devolver parte da paga adicional da extra ao persoal laboral.
Chegan os detidos á concentración da Praza Roxa. Reivindican un "reparto xusto" das cotas e amosan as marcas dos golpes da policía
Chegan os detidos á concentración da Praza Roxa. Reivindican un "reparto xusto" das cotas e amosan as marcas dos golpes da policía
Os mariñeiros do cerco permanecen na Praza Roxa de Compostela e aseguran que non marcharán ata que sexan liberados os seus compañeiros detidos.
O BNG solicita a comparecencia do ministro do Interior pola "brutal e desmesurada actuación policial contra mariñeiros do cerco, preferentistas, cidadáns en xeral, e alcaldes e parlamentares", diante do Parlamento galego esta tarde
O PP non accede a suspender o pleno do Parlamento aínda que o PSdeG se sumou ás peticións de convocar unha Xunta de Portavoces urxente polas protestas do cerco e as cargas policiais. Mentres, a nacionalista Montse Prado diríxese a Urxencias tras sufrir danos por parte da Policía, segundo confirman fontes do Bloque. Máis información, esta tarde en Praza.