Peche dos traballadores en folga de CCOO. Os afectados polo ERE en Forem encérranse no sindicato até que reciban resposta á súa proposta de mediación.
Fálase
O museo Tesla será unha realidade. O proxecto conta con 2.2 millóns de dólares, 1.3 obtidos a través dunha campaña de crowdfunding
O CD fai 30 anos hoxe. O 1 de outubro de 1982 chegaba ás tendas de Xapón cun prezo de 730 dólares.
O xulgado de Madrid devolve á Audiencia Nacional o proceso contra os 34 detenidos do 25-S. El Diario publica o auto xudicial.
O ex ministro do Interior Jaime Mayor Oreja pide censurar as protestas cidadás en televisión. Cre que é "un disparate" difundilas porque "incitan a manifestarse". En El Diario.
Vén de falecer Eric Hobsbawm aos 95 anos de idade. O historiador marxista é un dos grandes relatores da historia europea do século XX.
A xuíza de Madrid remite a Audiencia Nacional os detidos do 25S. No auto considera que a protesta "pretendía esixir unha destitución e ruptura do réxime vixente" e entende que pode ser un delito contra as institucións do Estado.
David Bravo publica en El Diario unha carta aberta ao ministro Wert. O avogado enumera nela as súas obxeccións á Lei Sinde-Wert.
"Tomar como modelo as reformas de Alemaña é un erro", advirten os sindicatos xermanos. El Diario entrevista a Annelie Buntenbach, membro do comité de dirección da poderosa Confederación Alemana de Sindicatos (DGB).
Esta mañá está a difundirse pola rede social Twitter o hashtag #queremoselpaisgalicia, en apoio da edición galega do diario El País. A dirección do xornal prevé desmantelala esta mesma semana.