Esta mañá está a difundirse pola rede social Twitter o hashtag #queremoselpaisgalicia, en apoio da edición galega do diario El País. A dirección do xornal prevé desmantelala esta mesma semana.
Fálase
O BNG lanza a cuarta entrega da súa serie #feijóomentirán, neste caso sobre o desemprego: "De prometer que ía acabar co paro a encher Galiza de parad@s", din
O BNG da Coruña resalta que, no pleno municipal desta mañá, o PP "non permitiu" debater unha moción dos nacionalistas sobre o dereito á interrupción voluntaria do embarazo
Entre hoxe e mañá os partidos políticos poderán presentar, se o consideran oportuno, alegacións aos plans de cobertura e á distribución de espazos de propaganda electoral na TVG e en TVE de cara ás eleccións do 21 de outubro.
O DOG publica hoxe as indicacións que debe seguir o persoal ao servizo da Xunta para poder votar ou ser membros das mesas electorais nos comicios do 21 de outubro
España foi rescatada en segredo polo BundesBank. Así o asegura un informe de El Blog Salmón, que detalla que o Estado recibiu 428.617 millóns de euros do banco central alemán, o que aumenta o temor dos mercados.
As necesidades de financiamento crecen un 34% e abocan España ao rescate. Cóntao Expansión.
El Diario analiza a situación dos CIE (Centro de Internamento de Estranxeiros), nos que o pasado ano foron recluidas máis de 13 mil persoas.
Feijóo afirma, nunha entrevista na Radio Galega, que os floteis de Pemex se construirán en Galicia "non porque o diga eu, senón porque o di" a empresa
La Vanguardia, El Periódico, El Mundo e La Razón publicaron esta fin de semana enquisas de intención de voto para as eleccións catalás do 25 de novembro. CiU sobe e achégase á maioria absoluta. Tamén sobe con forza ERC e de forma máis contida ICV SI e Ciutadans. O PSC acadaria o seu peor resultado histórico e o PP sobe lixeiramente nalgúns estudos e baixa con forza noutros.