Feijóo afirma, nunha entrevista na Radio Galega, que os floteis de Pemex se construirán en Galicia "non porque o diga eu, senón porque o di" a empresa
Fálase
La Vanguardia, El Periódico, El Mundo e La Razón publicaron esta fin de semana enquisas de intención de voto para as eleccións catalás do 25 de novembro. CiU sobe e achégase á maioria absoluta. Tamén sobe con forza ERC e de forma máis contida ICV SI e Ciutadans. O PSC acadaria o seu peor resultado histórico e o PP sobe lixeiramente nalgúns estudos e baixa con forza noutros.
PCP e Bloco de Esquerdas unen forzas contra a austeridade. Francisco Louçã e Jerónimo de Sousa realizan este luns unha declaração ao país na que poden anunciar accións conxuntas.
Comeza en Ourense o xuizo do 'caso dos Paneis' que provocou a dimisión dos concelleiros do BNG Alexandre Sánchez Vidal e Andrés García Mata.
O Obradoiro comeza a Liga ACB cunha sufrida vitoria ante o Manresa (83-78) nun Multiusos do Sar que mantén o excelente ambiente dos últimos anos.
A prensa mexicana destaca que o titular de Enerxía "ignora o contrato de buque-hoteis" con estaleiros galegos. Algúns diarios levan ás súas portadas a polémica polos acordos entre Pemex e a Xunta.
Pere Navarro, proclamado candidato do PSC para as eleccións catalás do 25N. Recibiu o apoio do 73% dos votos.
O Celta cae en Granada (2-1), nun partido no que mereceu moito máis. O gol de Iago Aspas non foi dabondo logo dun mal inicio que condenou os vigueses.
O sindicato policial pide dimisións pola carga de Atocha contra o 25S. "A actuación debería costarlle o cargo a alguén", asegura, segundo conta Público.
O BNG celebra esta mañá a súa convención nacional, como pistoletazo de saída da campaña e como celebración do seu trixésimo aniversario. No Palacio de Congresos de Galicia, en Compostela, están xa os principais dirixentes dos nacionalistas, que tamén contan co apoio, dende a primeira ringleira de asentos, do seu ex portavoz nacional, Anxo Quintana.