Entre hoxe e mañá os partidos políticos poderán presentar, se o consideran oportuno, alegacións aos plans de cobertura e á distribución de espazos de propaganda electoral na TVG e en TVE de cara ás eleccións do 21 de outubro.
Fálase
O DOG publica hoxe as indicacións que debe seguir o persoal ao servizo da Xunta para poder votar ou ser membros das mesas electorais nos comicios do 21 de outubro
España foi rescatada en segredo polo BundesBank. Así o asegura un informe de El Blog Salmón, que detalla que o Estado recibiu 428.617 millóns de euros do banco central alemán, o que aumenta o temor dos mercados.
As necesidades de financiamento crecen un 34% e abocan España ao rescate. Cóntao Expansión.
El Diario analiza a situación dos CIE (Centro de Internamento de Estranxeiros), nos que o pasado ano foron recluidas máis de 13 mil persoas.
Feijóo afirma, nunha entrevista na Radio Galega, que os floteis de Pemex se construirán en Galicia "non porque o diga eu, senón porque o di" a empresa
La Vanguardia, El Periódico, El Mundo e La Razón publicaron esta fin de semana enquisas de intención de voto para as eleccións catalás do 25 de novembro. CiU sobe e achégase á maioria absoluta. Tamén sobe con forza ERC e de forma máis contida ICV SI e Ciutadans. O PSC acadaria o seu peor resultado histórico e o PP sobe lixeiramente nalgúns estudos e baixa con forza noutros.
PCP e Bloco de Esquerdas unen forzas contra a austeridade. Francisco Louçã e Jerónimo de Sousa realizan este luns unha declaração ao país na que poden anunciar accións conxuntas.
Comeza en Ourense o xuizo do 'caso dos Paneis' que provocou a dimisión dos concelleiros do BNG Alexandre Sánchez Vidal e Andrés García Mata.
O Obradoiro comeza a Liga ACB cunha sufrida vitoria ante o Manresa (83-78) nun Multiusos do Sar que mantén o excelente ambiente dos últimos anos.