Un ano despois das municipais Alfonso Rueda adianta en Onda Cero que o deputado Jacobo Moreira concorrerá aos comicios de 2015 como candidato do PP á alcaldía de Pontevedra en substitución de Telmo Martín
Fálase
Deputados de CiU, Amaiur, ERC, BNG e ICV apoiaron o manifesto a prol das seleccións deportivas catalás, vascas e galegas que hoxe foi presentado no Congreso.
O manifesto a prol da oficialidade das seleccións de Cataluña, Euskadi e Galicia xa foi presentado no Congreso dos Deputados co apoio de varias formacións políticas. Máis información esta tarde en Praza.
Roland Berger e Oliver Wyman avaliarán os balances da banca española.
"A nossa língua é mundial". AGAL presenta un vídeo, que acompaña a súa campaña de afiliación.
Feijóo advirte que "todo o que non sexa o núcleo duro do sistema sanitario" podería ser privatizado. "Non hai xestión privada ou xestión pública, hai xestión ben feita e mal feita", asegura.
A declaración de impostos de Apple en España sáelle a devolver.
Os nenos xa son o colectivo máis pobre de España. Case 2,2 millóns de cativos viven en pobreza relativa no Estado, segundo un alarmante informe feito público hoxe por Unicef.
Bankia precisa outros 7.500 millóns de euros adicionais para sanearse, á marxe dos 4.500 que xa inxectou o FROB, tal e como revelou o ministro de Economía, Luis de Guindos.
Os traballadores de Alcoa concéntranse ante a sede de Red Eléctrica na Coruña para pedir que se regule unha tarifa eléctrica competitiva para a industria e en particular para o sector do aluminio.