Roland Berger e Oliver Wyman avaliarán os balances da banca española.
Fálase
"A nossa língua é mundial". AGAL presenta un vídeo, que acompaña a súa campaña de afiliación.
Feijóo advirte que "todo o que non sexa o núcleo duro do sistema sanitario" podería ser privatizado. "Non hai xestión privada ou xestión pública, hai xestión ben feita e mal feita", asegura.
A declaración de impostos de Apple en España sáelle a devolver.
Os nenos xa son o colectivo máis pobre de España. Case 2,2 millóns de cativos viven en pobreza relativa no Estado, segundo un alarmante informe feito público hoxe por Unicef.
Bankia precisa outros 7.500 millóns de euros adicionais para sanearse, á marxe dos 4.500 que xa inxectou o FROB, tal e como revelou o ministro de Economía, Luis de Guindos.
Os traballadores de Alcoa concéntranse ante a sede de Red Eléctrica na Coruña para pedir que se regule unha tarifa eléctrica competitiva para a industria e en particular para o sector do aluminio.
O ex ministro de Xustiza e candidato á secretaría xeral do PSdeG na Coruña, Francisco Caamaño, asegura nunha entrevista en Que pasa na costa que o seu futuro político chegará "ata onde a ilusión e os militantes do PSOE queiran"
A Policía Nacional anuncia a fin das redadas indiscriminadas contra inmigrantes. Segundo informa Eldiario.es, isto acontece despois de que o Ministerio do Interior negase reiteradamente a súa existencia.
Teresa Táboas subliña que non descarta que Xosé Manuel Beiras poida estar á fronte do 'novo proxecto común'. Nunha entrevista na Radio Galega lamenta que haxa quen tente "marcar os tempos dende fóra" para esa alianza política.