O Goberno central eleva á categoría de "gran proxecto nacional" a candidatura olímpica de Madrid, cuxos gobernos local e rexional teiman en lograr ser sede dos Xogos, desta volta para 2020.
O Goberno central eleva á categoría de "gran proxecto nacional" a candidatura olímpica de Madrid, cuxos gobernos local e rexional teiman en lograr ser sede dos Xogos, desta volta para 2020.
O conselleiro de Sanidade de Madrid defende que privatizar hospitais e centros de saúde "motiva" os profesionais da Medicina. Nunha entrevista na Cadena SER
A OCDE advirte de que as autoridades españolas fan 'a vista gorda' cos subornos no estranxeiro. En El Diario.
A Audiencia de Lugo deixa en liberdade provisional ao ex concelleiro lugués Francisco Fernández Liñares (PSdeG), encarcerado dende setembro. Cóntao Galiciaé
O TSXG deixa sen rúa nin honras ao falanxista coruñés Juan Canalejo. Desestima o recurso da súa familia contra a decisión do Concello de retirarlle as distincións. Cóntao Público.
Carne Cruda realizou unha flashmob nunha oficina de emprego ao ritmo de Here comes the sun dos Beatles para presentar a súa nova etapa na Cadena Ser
Carlos Callón, absolto pola Xustiza da falta de inxurias ao xuíz Antonio Fraga Mandián. A maxistrada considera que o presidente d'A Mesa fixo uso da súa liberdade de expresión cando o acusou de defender a ilegalidade do topónimo 'La Coruña'.
6 de cada 10 mozos e mozas non teñen traballo. O paro xuvenil en España chega ao 57,6%, segundo datos de Eurostat. É a mesma cifra que rexistra Grecia e más que duplica a media europea (24%). As taxas máis baixas de desemprego entre os menores de 25 ano están en Alemaña (8,1%), Austria (9%) e Holanda (9,7%).
O alcalde de Santiago asegura ter "absoluta tranquilidade" ante a súa imputación no caso Pokémon. Nunha entrevista na Cadena SER di non saber "se o tema polo que me citan é a escola de Salgueiriños", en referencia ás presuntas acusacións de tráfico de influencias.
O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, retruca á imputación de José Luis Baltar asegurando que a secretaria de organización dos socialistas ourensáns, a deputada María Quintas, está afiliada á formación conservadora. Recólleo Faro de Vigo.