ETA anunciará a súa disolución na primeira fin de semana de maio. Será nun acto público no Iparralde, segundo avanza a ETB.

ETA anunciará a súa disolución na primeira fin de semana de maio. Será nun acto público no Iparralde, segundo avanza a ETB.
#Folga19A O estudantado galego está chamado este xoves á folga contra a LOMCE e a prol de maior peso da igualdade de xénero no ensino. O máis destacado das mobilizacións, hoxe en Praza.
O PSOE ofrece a Manuela Carmena ser a súa candidata á alcaldía de Madrid nas vindeiras municipais, segundo adianta El País.
Deputados soberanistas cataláns despiden a visita do presidente de Portugal ao Congreso cantando Grândola, vila morena e amosando caraveis amarelos. A gravación institucional do discurso de Marcelo Rebelo de Sousa recolle o momento dende o minuto 47 do vídeo.
O Concello de Pamplona presenta o seu Metrominuto, o guieiro para promover a mobilidade a pé na cidade baseado no modelo de Pontevedra, cuxa experiencia xa vén sendo aproveitada por outros gobernos municipais neste ámbito.
Tellado (PP) defende que "a crise na Deputación de Lugo" non "pasaría" se "deixasen gobernar a quen gañou as eleccións", afirmou nunha entrevista na Radio Galega na que considerou, ao fío do acontecido na institución lucense, que a cidadanía "agarda máis rigor" dos dirixentes políticos
A presidenta da Comunidad de Madrid di "renunciar" ao seu suposto máster e culpa de eventuais irregularidades á Universidade Rey Juan Carlos. Está a contalo eldiario.es
O Celta anuncia que ningún directivo sentará no palco de Balaídos mentres nel estea Abel Caballero e ata que o alcalde "deixe de atacar sen motivo a entidade".
Fernández Liñares, o ex-presidente da Confederación Hidrográfica e antigo edil socialista en Lugo considerado un dos elementos centrais da trama corrupta da Pokémon, asegura que "inventou" a súa confesión porque foi "presionado". Afírmao nunha entrevista que publica El Progreso
Montoro reitera que o referendo do 1-O en Catalunya "non se pagou con diñeiro público". Os líderes independentistas están acusados, entre outros delitos, de malversación por suposto desvío de fondos da Generalitat para o proceso soberanista. Son declaracións do ministro de Facenda a El Mundo