O Concello da Coruña paraliza o museo da automoción que Jove prevía no parque de Bens. Anunciouno o alcalde Xulio Ferreiro logo de reunirse coa plataforma Salvemos o parque de Bens. Máis información, hoxe en Praza.
Fálase
O PP consuma o bloqueo ao nomeamento de Besteiro como senador ao suspender só cos seus votos o pleno extraordinario no que se ía votar esta elección.
A Comisión de Seguimento para o Saneamento Integral de la Ría de Ferrol entregará este martes no Concello as sinaturas recollidas en demanda dunha audiencia pública e dun posible referendo sobre a remunicipalización do servizo de xestión da auga.
O anterior Goberno municipal da Coruña adxudicoulle a catro empresas máis dun terzo de todo o seu investimento en obras ao longo da lexislatura.
Gómez Besteiro mantén o seu apoio a Manuel Martínez, alcalde de Becerreá, para ser presidente da Deputación de Lugo, a pesar do veto expresado polo BNG.
Albert Rivera presentará este luns a súa candidatura para encabezar a lista de Ciudadanos ás eleccións xerais
O Goberno grego ofrecerá novas medidas de recorte na xuntanza do Eurogrupo, que comezará ás 12.30 deste luns, para resolver os problemas inmediatos de liquidez do país. Grecia segue demandándolle á UE e a Alemaña un acordo político. Milleiros de persoas manifestáronse en Atenas en apoio ao Goberno.
O Pontevedra terá que remontar para subir a 2ªB. O cadro granate perdeu ante o Haro (1-0) na ida da eliminatoria final de ascenso.
Alberto Garzón e Martiño Noriega comparten acto en Compostela. O líder de IU participou tamén nun debate xunto a membros de Ourense en Común no último día da súa viaxe a Galicia, onde promoveu candidaturas de "unidade popular" de cara ás xerais.
Pedro Sánchez, proclamado candidato do PSOE á Moncloa, comprométese a "erradicar o paro e a corrupción" nun discurso ante unha enorme bandeira de España.