O PSdeG propón que os cargos políticos non interveñan nos procesos de contratación para "loitar contra a corrupción". Forma parte dun paquete de medidas presentadas onte por Besteiro e que os socialistas defenderán agora no Parlamento.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/530c3b789a5b5-12752006914_3f46f31502_b.jpg)
O PSdeG propón que os cargos políticos non interveñan nos procesos de contratación para "loitar contra a corrupción". Forma parte dun paquete de medidas presentadas onte por Besteiro e que os socialistas defenderán agora no Parlamento.
Feijóo irrita o PSOE e a Junta de Andalucía por asegurar, como xa fixera en 2009, que a transición política non estará "completa" ata que o PP andaluz consiga o poder.
Baltar propón a Deputación de Ourense como referente ético na xestión pública. Cóntao El País
Dimiten dez membros da dirección de Anova tras o referendo no que a militancia elixiu acudir ás eleccións europeas xunto a EU. Luís Eyré, Mario López Rico, Paula V. Verao e Chelo Martínez son algúns dos cargos que deixan os seus postos de responsabilidade, segundo conta Europa Press.
Play-Doc e A Cuarta Parede organizarán unha escola de críticos de cinema no marco do festival de documentais que se celebra en Tui do 2 ao 6 de abril.
O 1 de marzo comeza a actividade dos furanchos legais en Pontevedra, a primeira cidade galega que regulou estes espazos gastronómicos.
Podemos sinala que a información sobre o pacto entre a formación e IU "non se axusta á realidade".
Volven comezar os traballos de tala das árbores do Malecón, en Sarria, despois de que fosen paralizados a media mañá, pola presenza de persoas encadeadas aos troncos. Os e as activistas da Plataforma Sarriana polo Río piden que os veciños e veciñas da vila se acheguen ao lugar para evitar a destrución do espazo
IU e Podemos pactan un protocolo de colaboración e non descartan elaborar listas conxuntas para as eleccións europeas, segundo avanza Público.es
A presidenta andaluza, Susana Díaz, retruca as palabras de Feijóo en Sevilla afirmando que ela nunca virá a Galicia "a insultar á democracia nin á vontade do pobo galego"