PP e PSOE garanten a constitución dos grupos parlamentarios de ERC e Democràcia i Llibertat malia non acadaren a porcentaxe de votos que esixe o Regulamento, segundo informa Europa Press
Fálase
Declárase a fin da epidemia de ébola en Liberia, a máis mortífera da historia. Cóntao Desalambre
O espazo Paisajes urbanos de eldiario.es resalta o modelo de cidade de Pontevedra. Por que todas as cidades ollan a Pontevedra
Os tractores abandonarán a Muralla de Lugo, segundo vén de decidir o colectivo Agromuralla e adianta a Radio Galega.
Galicia, entre as comunidades nas que máis descendeu o Índice de Confianza Empresarial no último trimestre. Tan só Navarra e Baleares rexistran unha evolución máis negativa.
A Federación de Asociacións de Veciños de Lugo traballa na preparación dunha ILP en favor do ferrocaril na provincia, pedindo tamén a chegada da alta velocidade á cidade das murallas
O chileno Alejandro Aravena gaña o premio Pritzker 2016, grazas á súa arquitectura comprometida, que conxuga responsabilidade social, as necesidades económicas e o deseño de hábitats humanos
Antonio Diéter Moure, candidato á presidencia da CEG, denuncia un intento de agresión por parte de afíns ao seu rival, José Manuel Pérez Canal, segundo informa Economía Digital
El Diario recolle as reaccións de grupos políticos e entidades sociais á decisión de Carolina Bescansa de levar o seu fillo ao Congreso, este mércores.
A Real Academia Galega de Ciencias, en colaboración coa Axencia Galega de Innovación, entregou este mércores os Premios á Transferencia de Tecnoloxía