Morre máis dunha vintena de persoas nun tiroteo nunha escola dos Estados Unidos. Está a contalo a Cadena SER.
Morre máis dunha vintena de persoas nun tiroteo nunha escola dos Estados Unidos. Está a contalo a Cadena SER.
Narón denuncia o presidente da Deputación da Coruña ante o Valedor do Pobo. O Concello acusa a Diego Calvo de ignorar as demandas do municipio.
O novo Goberno vasco terá oito consellerías, as mesmas que a Xunta, que deixa de ser "o Goberno máis reducido das nacionalidades históricas", como afirmara Feijóo. En Deia
Os sindicatos de Navantia alertan de atrasos no contrato con Pemex e advirten de que isto podería supoñer que non se crease emprego. Ameazan con novas mobilizacións nas vindeiras semanas.
Suicídase unha muller en Málaga tres días despois de recibir a orde de desafiuzamento. Coidaba a súa nai enferma, de 96 anos.
Windows xa non é o sistema operativo máis utilizado do mundo e, de feito, cae até a terceira posición, co 20% do mercado. É superado por Android, co 42%, e Apple, co 24%. A razón é que os ordenadores persoais xa só representan o 29% de todos os dispositivos para conectarse á rede, moi por detrás de smartphones e tablets (66% do total)
Novacaixagalicia pide ao FROB que descarte unha operación acordeón en NGB. Advirte que xa propuxo vías alternativas para evitar perder o seu capital no banco.
Disquecool publica unha homenaxe a Nadadora na semana na que soubemos que a banda galega se separa. A despedida serán dous concertos: o 28 de decembro na Coruña e o 29 en Vigo
A débeda pública sobe ao 77,4% do PIB no terceiro trimestre, o seu máximo desde 1995, ao incrementarse un 1,5% con respecto ao trimestre anterior.
The Guardian publica unha infografia interactiva con datos sobre as causas de morte por grupos de idade e zona xeográfica. De que morremos?