O estudantado do #pechehistoria faille un "escrache" ao reitor da USC, Juan Casares Long
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/519d1103e7340-4a75b2f4c30f11e2b45022000a1fb3cd_7.jpg)
O estudantado do #pechehistoria faille un "escrache" ao reitor da USC, Juan Casares Long
Salvemos Cabana presenta unha queixa ao Colexio de Xornalistas polo veto da TVG á campaña contra a megaminería. Considera "intolerable" a "censura informativa" á que está sendo sometida a loita contra os proxectos mineiros en Galicia.
O estudantado pechado na Facultade de Historia da USC en reclamación de espazos de estudo axeitados na universidade difunde un vídeo coas súas reivindicacións #pechehistoria
O Ministerio de Defensa "prega" que os e as xornalistas acudan "con indumentaria adecuada coa solemnidade do acto" para cubrir a entrega da medalla de ouro da Deputación da Coruña ao Arsenal de Ferrol.
A Policía detén en Madrid o fotoxornalista Raúl Capín, que documentou graficamente numerosas protestas cidadás. Apunta Diagonal que "a prensa conservadora" o sinalou en diversas ocasións como "extremista infiltrado" nas mobilizacións.
A plataforma Decidir nos hace libres lanza un vídeo no que se pregunta "Quen son as mulleres que abortan?" e que chama á mobilización social contra a reforma da actual Lei do aborto. No vídeo participan El Gran Wyoming, Aitana Sánchez Gijón, Luis García Montero, Almudena Grandes, Gaspar Llamazares ou Elena Valenciano.
A xuíza da Pokémon imputa o ex alcalde de Ourense por branqueo de capitais. Francisco Rodríguez xa estaba imputado por suborno, falsidade, prevaricación e tráfico de influencias. Recólleo El País
O Valedor do Pobo diríxese de oficio á Delegación do Goberno central polo caso das sancións a Audasa por rotular a autoestrada en galego.
A Mesa pola Normalización Lingüística acudiu esta mañá ao Valedor do Pobo para rexeitar "as ameazas de sanción" por rotular as autoestradas en galego
O programa de laSexta El Intermedio capta o ex conselleiro de Pesca e actual senador por designación autonómica, Enrique López Veiga, a durmir no seu escano da Cámara Alta durante a sesión de control ao Goberno celebrada onte. No minuto 6:50 da parte 5 do programa.