A plataforma Decidir nos hace libres lanza un vídeo no que se pregunta "Quen son as mulleres que abortan?" e que chama á mobilización social contra a reforma da actual Lei do aborto. No vídeo participan El Gran Wyoming, Aitana Sánchez Gijón, Luis García Montero, Almudena Grandes, Gaspar Llamazares ou Elena Valenciano.
Fálase
A xuíza da Pokémon imputa o ex alcalde de Ourense por branqueo de capitais. Francisco Rodríguez xa estaba imputado por suborno, falsidade, prevaricación e tráfico de influencias. Recólleo El País
O Valedor do Pobo diríxese de oficio á Delegación do Goberno central polo caso das sancións a Audasa por rotular a autoestrada en galego.
A Mesa pola Normalización Lingüística acudiu esta mañá ao Valedor do Pobo para rexeitar "as ameazas de sanción" por rotular as autoestradas en galego
O programa de laSexta El Intermedio capta o ex conselleiro de Pesca e actual senador por designación autonómica, Enrique López Veiga, a durmir no seu escano da Cámara Alta durante a sesión de control ao Goberno celebrada onte. No minuto 6:50 da parte 5 do programa.
O vídeo Salvemos Galicia da megaminería! rolda as 55 mil reproducións en youtube en menos de 24 horas. A petición en change.org supera xa as 56 mil sinaturas. #salvemosgalicia
Tráfico arquiva as denuncias por rotular en galego nas autoestradas e anuncia que intentará compatibilizar a lingua propia co castelán, segundo asegura La Voz de Galicia.
O Congreso debate hoxe se cambia a arbitraxe das preferentes por un modelo universal e colectivo.
Un traballador galego cobra de media 982 euros menos ao mes que un alemán ou un francés e 500 euros menos que a media europea. Tamén se sitúa 200 euros por debaixo da media española.
Facenda cede á presión municipal e non intervirá os pequenos concellos insolventes