Facenda cede á presión municipal e non intervirá os pequenos concellos insolventes
Fálase
O Goberno pagaralles ás axencias privadas de colocación de 300 a 3.000 euros por cada parado ás que estas atopen traballo
Patxi López afirma nunha entrevista en El Diario.es que "se non recuperamos a cercanía coa xente o 'sorpasso' de IU ao PSOE darase seguro". Non descarta facer tandem con Madina para aspirar a liderar os socialistas.
Aznar non descarta volver á política: “Nunca eludo a miña responsabilidade”. Nunha entrevista emitida por Antena3 esta pasada noite esixiulle a Rajoy que baixe impostos e un "proxecto político renovado".
Eurodeputados españois do PP rexeitan un informe a prol da liberdade de prensa votado na Eurocámara. En El Mundo
Rexeitada a iniciativa de Izquierda Plural para declarar o 18 de xullo como día da condena do franquismo. O PP votou en contra e UPyD abstívose. O partido de Rosa Díez considera que suporía "abrir cicatrices". En El País.
O ministerio de Emprego asina un acordo co Goberno alemán para que 5.000 mozos e mozas vaian traballar cada ano a ese país. Na Cadena SER
UPyD anuncia que non se sumará á iniciativa para condenar o franquismo que IU promoverá esta tarde no Congreso dos Deputados.
A Xunta anuncia unha viaxe de Feijóo a Cuba "no segundo semestre do ano"
O Goberno non descarta adiantar a venda de Novagalicia Banco "se cambia a situación dos mercados". Así o asegura o secretario de Estado de Economía, Fernando Jiménez Latorre.