O Goberno central recortou a alcaldesa de Alacant, Sonia Castedo (PP), presunta implicada nunha trama corrupta, das fotos oficiais da inauguración da liña de AVE á cidade. Cóntao Público.es
Fálase
O director xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Gonzalo Ordóñez, censura que o PSdeG proteste "na prensa" a respecto da política laboral da CRTVG. Insta os socialistas a facer o propio no Parlamento.
A Deputación de Lugo lanza un programa de campamentos de balde para nenos e nenas con 765 prazas.
O Ministerio do Interior gasta 32 millóns de euros en seis helicópteros para a Policía e a Garda Civil. Cóntao El Periódico de Catalunya
O BNG podería acudir ás eleccións europeas en coalición con ERC, PSM, Compromís ou a Chunta, segundo adianta Vilaweb.
A Xustiza forza a reapertura da televisión pública en Grecia, pechada a pasada semana por decisión gobernamental para cumprir as esixencias de austeridade da troika. Cóntao The Guardian.
El Diario analiza a situación das persoas residentes en Alemaña ás que o Estado lles nega a asistencia sanitaria.
Fomento ordena agora que os sinais das autoestradas estean rotulados en galego, castelán e inglés, segundo conta La Voz
Xoel López obtivo os galardóns ao mellor artista do ano e ao mellor disco de canción de autor nos Premios da Música Independente que se entregaron este luns. Xoán Curiel levou o premio ao mellor disco en galego por Magnético Zen
O peche da arbitraje deixa o xulgado como única via para 39.000 afectados se queren recuperar todos os seus cartos. A Xunta e o Poder Xudicial prepáranse para recibir unha morea de demandas, e mesmo prevén crear dous xulgados bis en Vigo e A Coruña.