Irmandade TV, expulsada do xuízo polas protestas na marcha de Galicia Bilingüe "por usar Twitter", segundo explican desde a canle.
Fálase
Aduanas asegura que Aquagest redactou a documentación do concurso municipal no que o Concello de Punxín lle adxudicou a xestión do servizo de augas, un proceso que está sendo investigado no marco da Pokémon.
A comunidade universitaria da UDC rexeita a proposta do presidente do Consello Social, Antonio Abril, para modificar os mecanismos de xestión, unificando Consello Social e Consello de Goberno, e participando na elección do reitor axentes de fóra do ámbito universitario.
#europeas2014 Xa están en marcha as eleccións no Reino Unido e Holanda. Mañá, venres, será a quenda para Irlanda. No caso británico os comicios da UE cadran cos locais.
Asociacións taurinas piden censurar Twitter por comentarios que consideran "rastreiros" tras as cornadas sufridas por tres toureiros nunha mesma tourada. Recólleo Europa Press.
A comunidade educativa das Balears volve saír á rúa en defensa do catalán. Será unha manifestación unitaria contra o decreto de linguas, os recortes e a Lomce.
Vendex acadou case a metade dos contratos municipais aos que optou na Coruña nos últimos doce anos. O Concello adxudicou 33 dos 75 servizos que se licitaron neses anos.
A última proxección da Eurocámara outórgalle ao PPE 217 escanos (28,89%) e aos socialdemócratas, 199 (26,50%). Os liberais terían 61 escanos e os Verdes/ALE, 50 escanos e o grupo da Esquerda, 46.
#europeas2014 - Axenda de campaña
- Francisco Millán: Mitin en Celanova ás 20:30.
- José Blanco: Visita á feira de Arzúa ás 12:30 e mitin en Ourense con Besteiro e Zapatero ás 20:00.
- Ana Miranda: Acto sobre emprego ás 13:00 en Santiago e mitin na Coruña ás 20:30.
- Lidia Senra: Encontro electoral ás 17:00 en Chantada e mitin en Ourense ás 20:00.
- Paulo Carlos López: Repartos en Coristanco (12:00) e Carballo (13:00) e mitin en Santiago (20:30).
A Unión de Actores Vascos ve un "crime laboral" a retirada dun anuncio de Coca-Cola polas ideas políticas do actor que o protagonizaba. "Agora vannos pedir a filiación política para traballar?", pregúntanse. En El Diario.