Asociacións taurinas piden censurar Twitter por comentarios que consideran "rastreiros" tras as cornadas sufridas por tres toureiros nunha mesma tourada. Recólleo Europa Press.
Fálase
A comunidade educativa das Balears volve saír á rúa en defensa do catalán. Será unha manifestación unitaria contra o decreto de linguas, os recortes e a Lomce.
Vendex acadou case a metade dos contratos municipais aos que optou na Coruña nos últimos doce anos. O Concello adxudicou 33 dos 75 servizos que se licitaron neses anos.
A última proxección da Eurocámara outórgalle ao PPE 217 escanos (28,89%) e aos socialdemócratas, 199 (26,50%). Os liberais terían 61 escanos e os Verdes/ALE, 50 escanos e o grupo da Esquerda, 46.
#europeas2014 - Axenda de campaña
- Francisco Millán: Mitin en Celanova ás 20:30.
- José Blanco: Visita á feira de Arzúa ás 12:30 e mitin en Ourense con Besteiro e Zapatero ás 20:00.
- Ana Miranda: Acto sobre emprego ás 13:00 en Santiago e mitin na Coruña ás 20:30.
- Lidia Senra: Encontro electoral ás 17:00 en Chantada e mitin en Ourense ás 20:00.
- Paulo Carlos López: Repartos en Coristanco (12:00) e Carballo (13:00) e mitin en Santiago (20:30).
A Unión de Actores Vascos ve un "crime laboral" a retirada dun anuncio de Coca-Cola polas ideas políticas do actor que o protagonizaba. "Agora vannos pedir a filiación política para traballar?", pregúntanse. En El Diario.
A Fiscalía avala elevar ao TSXG a peza da Pokémon sobre Paula Prado. Cóntao Faro de Vigo.
O PP culpa os sindicatos dos peches de camas nos hospitais galegos durante o verán. Cóntao El País.
- A ministra de Emprego erixe Compostela en "espello no que se pode ver España". Vén de dicilo nun mitin presentado polo alcalde da cidade, Ángel Currás, no que tamén participa Feijóo.
Veñen de darse a coñecer os candidatos aos sextos Premios da Música Independente. Triángulo de Amor Bizarro opta ao galardóns ao mellor artista, mellor álbum e mellor canción; e Niño y Pistola ao de mellor vídeo. Na categoría de mellor álbum en galego os nomeados son Das Kapital, Kepa Junkera, Ses, Caxade e A Veces Ciclón