O PP culpa os sindicatos dos peches de camas nos hospitais galegos durante o verán. Cóntao El País.
Fálase
- A ministra de Emprego erixe Compostela en "espello no que se pode ver España". Vén de dicilo nun mitin presentado polo alcalde da cidade, Ángel Currás, no que tamén participa Feijóo.
Veñen de darse a coñecer os candidatos aos sextos Premios da Música Independente. Triángulo de Amor Bizarro opta ao galardóns ao mellor artista, mellor álbum e mellor canción; e Niño y Pistola ao de mellor vídeo. Na categoría de mellor álbum en galego os nomeados son Das Kapital, Kepa Junkera, Ses, Caxade e A Veces Ciclón
Ernestina Otero, mestra durante máis de corenta anos e represaliada en 1937, será homenaxeada en Pontevedra o vindeiro 29 de maio no marco do II Simposio A Memoria das Mulleres, dedicado a "A escola represalidada e resistente".
Cuac FM convoca o seu XVI Concurso de maquetas musicais. O prazo para presentar os traballos remata o 10 de agosto e a final vaise celebrar un ano máis na Sala Mardi Gras, na Coruña, no mes de outubro
CIG-Ensino presenta unha ILP para restituír os dereitos laborais, profesionais e retributivos do profesorado e "mellorar a calidade do ensino en Galiza".
Coca-Cola retira un anuncio ao estar protagonizado por un actor de simpatía abertzale. A compañía accedeu a unha petición dunha asociación de vítimas de ETA.
A Policía Nacional solicítalle á Deputación de Lugo "volcado de correos electrónicos entre unha traballadora do organismo provincial e a empresa Gamallo". A solicitude chega despois dunha denuncia da propia Deputación sobre "presuntas irregularidades que esta construtora realizaba na piscina de Monterroso".
O debuxante arxentino Quino, Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades. A súa creación máis coñecida, Mafalda, celebra neste 2014 o seu 50 aniversario.
Juncker asegura que "as persoas son tan importantes como as mercadorías e o capital". O candidato do PPE a presidir a Comisión Europea manifestouse así na súa conta de Twitter.