Juncker asegura que "as persoas son tan importantes como as mercadorías e o capital". O candidato do PPE a presidir a Comisión Europea manifestouse así na súa conta de Twitter.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/537c5d7a1d22d-757187.jpeg)
Juncker asegura que "as persoas son tan importantes como as mercadorías e o capital". O candidato do PPE a presidir a Comisión Europea manifestouse así na súa conta de Twitter.
O despedimento de dous bombeiros de Natutecnia en Santa Comba aviva o conflito laboral que manteñen os traballadores desta empresa dende hai nove meses. Os empregados dos seis parques comarcais que xestiona Natutecnia protestaron este martes en Sarria.
A pesar de que as empresas madeireiras galegas acordaron o venres volver subministrar material a Ence, Portucel e Celbi, despois dun mes de folga, a meirande parte dos produtores manteñen o seu veto a estas pasteiras, pola rebaixa dos prezos, e afirman que manterán a presión.
Eximen un afeccionado do Atlético da mesa electoral por ter entradas para a final da Liga de Campións do sábado. A Xunta Electoral entende que o partido é un acontecemento "excepcional".
A Xunta Electoral prohíbe o multireferendo convocado por varias entidades catalás para este 25M. Os promotores da iniciativa acudirán ao Tribunal Supremo e anuncian que seguirán adiante con esta consulta sobre diversas cuestións.
Cañete pide desculpas cinco días despois do seu comentario machista e elixe a Cadena Cope para facelo tras rexeitar ser entrevistado en varios outros medios.
#europeas2014 - Axenda de campaña
Besteiro lamenta que "tanto Cañete como Feijóo" elixan a "fuxida" como estratexia de campaña para non ter que "darlles explicacións aos cidadáns". Díxoo nun mitin do PSdeG nas Pontes, no que lamentou tamén que o presidente da Xunta tente ir dar "leccións de democracia a Andalucía".
A candidata de AGEe ás europeas, Lidia Senra, chama nun mitin en Ferrol a protexer Navantia "da privatización" polo carácter "estratéxico" que o naval ten para o país.
A Xunta Electoral exclúe o BNG dos informativos da TVG e da Radio Galega tras admitir a a reclamación de UPyD. Os nacionalistas, que quedan sen os 27 segundos que lles outorgaran, convocan unha protesta para as 12 desta mañá na compostelá Praza do Obradoiro e anuncian accións legais. Toda a información, hoxe en Praza.