A pesar de que as empresas madeireiras galegas acordaron o venres volver subministrar material a Ence, Portucel e Celbi, despois dun mes de folga, a meirande parte dos produtores manteñen o seu veto a estas pasteiras, pola rebaixa dos prezos, e afirman que manterán a presión.
Fálase
Eximen un afeccionado do Atlético da mesa electoral por ter entradas para a final da Liga de Campións do sábado. A Xunta Electoral entende que o partido é un acontecemento "excepcional".
A Xunta Electoral prohíbe o multireferendo convocado por varias entidades catalás para este 25M. Os promotores da iniciativa acudirán ao Tribunal Supremo e anuncian que seguirán adiante con esta consulta sobre diversas cuestións.
Cañete pide desculpas cinco días despois do seu comentario machista e elixe a Cadena Cope para facelo tras rexeitar ser entrevistado en varios outros medios.
#europeas2014 - Axenda de campaña
- Francisco Millán: Mitin con Feijóo ás 20:30 en Vilagarcía.
- José Blanco: Encontro con colectivos sociais de Vigo ás 17:00 e mitins en Ferrol (20:00) e Vilalba (21:30).
- Ana Miranda: Acto en Santiago contra a exclusión nos informativos da CRTVG (12:00) e mitin en Ourense (20:30).
- Lidia Senra: Previsión dun manifesto da cultura en apoio a AGEe (11:00) e mitin en Santiago ás 20:00.
- Paulo Carlos López: Mitin en Pontevedra ás 20:30.
Besteiro lamenta que "tanto Cañete como Feijóo" elixan a "fuxida" como estratexia de campaña para non ter que "darlles explicacións aos cidadáns". Díxoo nun mitin do PSdeG nas Pontes, no que lamentou tamén que o presidente da Xunta tente ir dar "leccións de democracia a Andalucía".
A candidata de AGEe ás europeas, Lidia Senra, chama nun mitin en Ferrol a protexer Navantia "da privatización" polo carácter "estratéxico" que o naval ten para o país.
A Xunta Electoral exclúe o BNG dos informativos da TVG e da Radio Galega tras admitir a a reclamación de UPyD. Os nacionalistas, que quedan sen os 27 segundos que lles outorgaran, convocan unha protesta para as 12 desta mañá na compostelá Praza do Obradoiro e anuncian accións legais. Toda a información, hoxe en Praza.
Dimite o cónsul español en Londres tras acoller na súa residencia o ex presidente de Caja Madrid, Miguel Blesa. En El Diario.
Vixilancia Aduaneira atopou unha denuncia contra o ex alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, na casa de Conde Roa. Cóntao Faro de Vigo.