A manifestación de Queremos Galego chega á zona vella mentres a cola aínda non saíu da Alameda. Milleiros de persoas enchen as rúas de Compostela pola lingua. #polalinguaquenosune.

A manifestación de Queremos Galego chega á zona vella mentres a cola aínda non saíu da Alameda. Milleiros de persoas enchen as rúas de Compostela pola lingua. #polalinguaquenosune.
A manifestación pola lingua percorre xa as rúas de Compostela baixo unha forte chuvia. #polalinguaquenosune
Comeza en Compostela a manifestación de Queremos Galego. Milleiros de persoas malia a forte chuvia que cae na capital galega. #polalinguaquenosune.
Dúas novas sentenzas xudiciais sobre preferentes condenan a Novagalicia Banco. Os ditames declaran nulos os contratos asinados "sen entendelos" por un veciño de Fisterra e unha menor de Camariñas e obrigan a devolver os cartos, segundo conta El País.
O Obradoiro volve perder e suma a súa terceira derrota consecutiva. Os de Moncho Fernández caeron no Sar ante o Fuenlabrada (73-79).
O Deportivo cae na casa ante o Valencia (2-3) no tempo engadido e afunde na táboa. O equipo galego remontou o gol inicial do Valencia con dous tantos de Riki, pero perdeu tras xogar case toda a segunda parte con dez por expulsión de Sílvio.
O Lugo remonta e gaña ao Las Palmas (3-1) no Anxo Carro. Óscar Díaz, De Coz e Víctor Díaz marcaron os goles do equipo galego.
O xornalista galego Xabier Fortes entra no consello de informativos de TVE. Foi un dos elixidos polos traballadores do ente público, segundo informa Europa Press.
O Celta empata en Balaídos ante a Real Sociedad (1-1) nun partido no que xogou case toda a segunda metade con dez homes por expulsión de Augusto. Tamén foi expulsado o técnico Paco Herrera. Krohn-Dehli anotou para os vigueses e Elustondo para os vascos.
O BNG buscará "adaptar" a súa liña política "á nova realidade de crise económica e social" na súa vindeira asemblea nacional do 17 de marzo, na que procurará "un proxecto útil para camiñar cara a unha Galiza democrática, soberana e con xustiza social".