BlaBlaCar xestiona máis de 800 viaxes de entrada ou saída a Galicia cada fin de semana, segundo destaca EconomíaDigital nunha reportaxe. O servizo para compartir coche, con 130 mil usuarios e usuarias en toda España, rebaixa en moito as tarifas cobradas por autobuses, trens ou avión.
Fálase
Carlos Negreira pide un debate electoral "aberto a todos os medios", pero só con "candidatos de partidos con representación no pleno" da Coruña, o que deixaría fóra a Marea Atlántica e outras formacións. Os candidatos do PP noutras cidades, como Vigo e Ourense, veñen de lanzar propostas semellantes.
Xulio Ferreiro (Marea Atlántica), candidato á alcaldía da Coruña máis valorado seguido por Xosé Manuel Carril e Mar Barcón, segundo unha enquisa da Facultade de Socioloxía da UDC para Radio Coruña que recolle La Opinión.
O PP proclama que "ningún goberno puxo en marcha tantas políticas para fomentar a igualdade feminina como o de Feijóo" e esgrime as "axudas á natalidade" para afirmar que "non se pode dicir que non existen medidas concretas destinadas á conciliación" da vida persoal e laboral das mulleres.
O PP dá o primeiro paso para recortar o dereito ao aborto das mulleres de 16 e 17 anos e unirse ao escaso número de países europeos que o fan. Recólleo El Diario
A Escola Galega de Consumo, dependente da Xunta, pedíalle ao presunto líder da trama Zeta nomes de empresas para participar en concursos públicos. Recólleo Faro de Vigo
O Consello de Contas fiscalizará por primeira vez as dúas fundacións da Cidade da Cultura
Unha embarcación con 400 inmigrantes naufraga no Mediterráneo. As ong advirten de que perderon a vida moita xente nova e nenos.
Persoal das residencias de maiores da Xunta manifestouse en Compostela reclamando unhas mellores condicións laborais e a reposición do artigo 19 do convenio colectivo, que foi modificado polo Executivo e que lles obriga a quendas longas e abusivas. Foto de @Podemos_Galicia.
Preferentistas do Baixo Miño anuncian, no acto do BNG no Parlamento, que a anciá de 82 anos acusada de alterar a orde pública nunha protesta contra esta estafa gañou o seu xuízo. Máis información, hoxe en Praza.