A CNMV pide á Fiscalía que investigue información privilexiada en Pescanova. Sospeita de posible abuso de mercado para vender accións.
Fálase
Diagonal analiza "a estraña entrevista" de Ana Ibáñez a Correa no Canal24horas de TVE.
Máis de metade dos prisioneiros de Guantánamo manteñen a folga de fame contra a detención indefinida e as condicións do campo. Entre 77 e 84 iniciaron a mobilización a comezos de febreiro
A Coordinadora de Centros de ensino do Val Miñor prepara peches para o xoves 25 de abril coincidindo coa convocatoria estatal realizada polo movemento mareaverde para "tomar os centros" en defensa do ensino público.
Revelan que a cadea Starbucks non pagou impostos durante dez anos en Grecia. Nese período gañou máis de 200 millóns de euros no país.
España foi o estado da UE con máis déficit en 2012: 10,6%. A débeda pública disparouse ata o 84,2% do PIB, segundo datos do Eurostat.
O avogado de pequenos accionistas de Pescanova cre que Sousa "pode acabar no cárcere". Acúsao de "mentir" e censura "a loita de poder" dos conselleiros na compañía.
O PP participa dende hoxe nun foro no que asinará un memorando de entendemento co Partido Comunista Chinés. Cóntao Público.es
ICV decántase polo 'si' no referendum catalán e propón unha fronte de esquerdas para volver ao goberno da Generalitat durante a asemblea celebrada esta fin de semana.
De Guindos calcula unha caída do PIB tres veces maior á prevista polo Goberno. Asegúrao nunha entrevista para o Wall Street Journal.