O Constitucional anula os primeiros pasos para o referendo unilateral en Catalunya. O tribunal envía ao fiscal a actuación da presidenta do Parlament e catro membros da mesa.
Fálase
Rexistrado un terremoto no mar Cantábrico, a uns 50 quilómetros da costa galega, de 3,2 graos na escala Richter. O tremor produciuse a 12 quilómetros de profundidade contra as 10:30 da mañá, segundo datos do IGN, que non advirte de consecuencia ningunha en terra do movemento.
Prisión incondicional para o ex-número tres do PPdeG, Pablo Crespo, e os outros dous presuntos líderes da trama Gürtel condenados na primeira sentenza do caso. O antigo secretario de organización dos populares galegos foi condenado a 13 anos de cadea.
A histórica libraría Couceiro da Coruña anuncia o seu peche tras 35 anos de actividade. Recólleo Letra en obras
A Orquestra Sinfónica de Galicia substitúe hoxe no rueiro da Coruña o nome do militar Santiago Gómez, un dos impulsores do golpe do 36 na cidade. A remuda celebrarase cun acto conmemorativo ás 14:00.
Xunta, Fomento e Concello de Santiago acordan tramitar conxuntamente a futura estación intermodal da cidade, cuxa primeira fase será contratada este ano. Os gobernos galego e central chegaron na mesma xornada a un acordo semellante co Concello de Ourense para a súa estación.
Dimite o asesor de seguridade nacional de Donald Trump, Michael Flynn, polos seus contactos con Rusia
Dimiten os tres directivos do Banco de España imputados no caso Bankia xunto a cargos como o ex-gobernador, Miguel Ángel Fernández Ordóñez.
O BNG confirma que votará a prol dos Orzamentos de Santiago, o que asegura a aprobación do proxecto do goberno de Compostela Aberta. "Non son os orzamentos do BNG, mais impos apoialos por responsabilidade e polas incorporacións de proxectos que se incluíron", indica Rubén Cela. As contas aprobaranse inicialmente en pleno o vindeiro sábado.
A Audiencia imputa as antigas cúpulas do Banco de España e da CNMV pola saída a Bolsa de Bankia. Entre as persoas investigadas está o ex-gobernador Miguel Ángel Fernández Ordóñez, baixo cuxo mandato o regulador deu luz verde á fusión de Caixanova e Caixa Galicia, operación que considerou inviable poucos meses despois.