O Supremo impide utilizar parados como voluntarios para cubrir tarefas habituais. Limita a figura pola que o Goberno pode requirir desempregados para diferentes labores.
Fálase
As protestas dos mariñeiros galegos do cerco trasládanse á Coruña. Uns mil manifestantes cortan a ponte Pasaxe de entrada á cidade entre un gran despregamento policial e cargas. Protestan polo que consideran un inxusto e insuficiente reparto de cotas e que xa os sacou onte á rúa en Vigo. Imaxe de @radiocoruna.
El Correo Gallego recolle a información de Praza na que Francisco Pillado explica a súa marcha da dirección da editorial Laiovento. Pillado, presidente de honra da Fundación Praza Pública, asegura estar "desmotivado" e "canso" dun labor editorial "á contra", nun escenario difícil, no que denuncia a falta de apoio da Xunta e a "invisibilización" da cultura galega nos medios de comunicación.
Compromiso por Galicia lamenta que "entre o seu partido e Santiago, Feijóo escolla o PP". O secretario xeral de CxG, Xoán Bascuas, apoiou esta mañá a recollida de sinaturas que impulsa o seu partido para solicitar a disolución da corporación municipal e a formación dunha xestora ata as vindeiras eleccións municipais.
Quedan menos de 48 horas para que finalice a campaña de captación de fondos da revista Oink! en Verkami. Polo momento, levan captados 6.800 dos 36.000 que precisan.
O xuíz do caso do accidente de Angrois cita como testemuños a cinco cargos de Adif para o vindeiro día 27. O maxistrado reclama ademais nova documentación para determinar se o treito Ourense-Santiago é de alta velocidade ou sobre o sistema de freado, "dadas as diferenzas entre o que aparece documentado e o que aparece constatado na vía na que se produciu o accidente" do Alvia.
O Consello da Xunta asinou este xoves a polémica adscripción do Centro de Estudios Superiores Universitarios de Galicia (CESUGA) á universidade privada San Jorge de Zaragoza, que xa fora aprobada hai tres semanas polo Consello Galego de Universidades. Os reitores das tres universidades públicas galegas criticaron con dureza a decisión
O alcalde de Sarria anunciou este xoves, nun pleno municipal de carácter monográfico, que non parará as obras nin revisará o proxecto, e que o Concello iniciará unha recollida de sinaturas entre os veciños que apoian o encauzamento do río. Membros da Plataforma Sarriana polo Río asistiron ao pleno para amosar a súa oposición.
A protesta dos mariñeiros do cerco por un reparto igualitario de cotas remata con varios manifestantes identificados e algún dano en mobiliarios urbano. Os profesionais din sentirse "vendidos" tras concentrarse ante a delegación da Xunta en Vigo. Imaxe de @GxDRadioGalega.
#consellodaxunta A Xunta cuantifica os danos dos temporais en infraestruturas públicas autonómicas en máis de 21 millóns de euros