O Consello da Xunta asinou este xoves a polémica adscripción do Centro de Estudios Superiores Universitarios de Galicia (CESUGA) á universidade privada San Jorge de Zaragoza, que xa fora aprobada hai tres semanas polo Consello Galego de Universidades. Os reitores das tres universidades públicas galegas criticaron con dureza a decisión
Fálase
O alcalde de Sarria anunciou este xoves, nun pleno municipal de carácter monográfico, que non parará as obras nin revisará o proxecto, e que o Concello iniciará unha recollida de sinaturas entre os veciños que apoian o encauzamento do río. Membros da Plataforma Sarriana polo Río asistiron ao pleno para amosar a súa oposición.
A protesta dos mariñeiros do cerco por un reparto igualitario de cotas remata con varios manifestantes identificados e algún dano en mobiliarios urbano. Os profesionais din sentirse "vendidos" tras concentrarse ante a delegación da Xunta en Vigo. Imaxe de @GxDRadioGalega.
#consellodaxunta A Xunta cuantifica os danos dos temporais en infraestruturas públicas autonómicas en máis de 21 millóns de euros
#consellodaxunta Luz verde á adscrición do Centro de Estudos Universitarios Superiores de Galicia (Cesuga) ao centro católico e privado de Aragón San Jorge. A Xunta faino malia á oposición das tres universidades galegas.
A acusación pide a Ruz que declaren os xerentes do PP de Pontevedra e de Galicia para aclarar o suposto pago en negro que entregaron a Rajoy e Cospedal.
O Parlamento de Crimea decide por unanimidade integrarse en Rusia, segundo informa a axencia RIA Nóvosti
De igual xeito, varias reportaxes lembran estes días que mentres as licenciadas en Belas Artes ou Historia da Arte son clara maioría en España (65% e 74%), as directoras de galerías son só o 15% e as directoras de museos o 22%. Ademais, na última edición de ARCO só o 18% das artistas eran mulleres.
O Congreso dos Deputados desenvolve unha subcomisión de estudo sobre as redes sociais e faino a porta pechada. Só serán públicas as súas conclusións, segundo detalla Qué hacen los diputados
Unha reportaxe de GCiencia lembra que a muller segue afastada dos postos de responsabilidade da universidade en Galicia. A pesar de representar o 54% do alumnado universitario, o número de docentes queda no 40% e o de catedráticas non pasa do 14%. Na Universidade de Vigo hai o mesmo número de decanos que de decanas, pero en Santiago estas son só o 31% e na Coruña o 10%