De igual xeito, varias reportaxes lembran estes días que mentres as licenciadas en Belas Artes ou Historia da Arte son clara maioría en España (65% e 74%), as directoras de galerías son só o 15% e as directoras de museos o 22%. Ademais, na última edición de ARCO só o 18% das artistas eran mulleres.
Fálase
O Congreso dos Deputados desenvolve unha subcomisión de estudo sobre as redes sociais e faino a porta pechada. Só serán públicas as súas conclusións, segundo detalla Qué hacen los diputados
Unha reportaxe de GCiencia lembra que a muller segue afastada dos postos de responsabilidade da universidade en Galicia. A pesar de representar o 54% do alumnado universitario, o número de docentes queda no 40% e o de catedráticas non pasa do 14%. Na Universidade de Vigo hai o mesmo número de decanos que de decanas, pero en Santiago estas son só o 31% e na Coruña o 10%
Falece o poeta Leopoldo María Panero.
Un estudo da Xunta avoga por centralizar en Lavacolla todos os voos turísticos de Galicia. Peinador e Alvedor serían "aeroportos rexionais de negocio".
Un vídeo da CIG recolle a manifestación de emigrantes retornados de onte na Coruña. Uns 2.000 pensionistas denunciaron "o plan de espolio das nosas pensións" executado polo goberno do PP e reclamaron a dimisión do ministro Cristóbal Montoro.
O PSOE ordena ao PSN non presentar nin apoiar moción de censura ningunha contra UPN en Navarra. Ferraz impón o seu criterio por riba do do consello rexional da formación.
O grupo Sargadelos declárase en suspensión de pagos. A empresa debe cinco millóns e non indemnizou a 70 empregados despedidos.
O Goberno recorta en dous anos ás universidades máis da metade do orzamento en investigación. En 2013, o investimento a nivel estatal baixou a 158 millóns, un 55% que dous anos antes.
O porto de Vigo, bloqueado polas protestas do cerco. Mariñeiros e mozos cortan os accesos con contedores queimados e lanzan bengalas. Imaxe de @nicocastro.