O grupo Sargadelos declárase en suspensión de pagos. A empresa debe cinco millóns e non indemnizou a 70 empregados despedidos.
Fálase
O Goberno recorta en dous anos ás universidades máis da metade do orzamento en investigación. En 2013, o investimento a nivel estatal baixou a 158 millóns, un 55% que dous anos antes.
O porto de Vigo, bloqueado polas protestas do cerco. Mariñeiros e mozos cortan os accesos con contedores queimados e lanzan bengalas. Imaxe de @nicocastro.
Un ministro de Estonia informou a representante de política exterior da UE, Catherine Ashton, de que a represión en Kiev foi obra de francotiradores da oposición. Russia Today emitiu unha gravación da conversa, cuxa autenticidade xa foi confirmada polo goberno estonio
O Servizo de Información de posibles casos de bebés roubados rexistra 11 expedientes en Galicia no seu primeiro ano de funcionamento, segundo informa o Ministerio de Xustiza.
A UE ofrece 11.000 millóns de euros a Ucraína para afastala da quebra. A axuda entregaríase en dous anos e súmase aos 1.000 millóns que achegarán os EUA.
A Plataforma Sarriana polo Río denuncia o reinicio das obras de encauzamento do río, centradas nestes momentos na ponte do Toleiro. Un grupo de veciños e veciñas encheu a ponte case de inmediato, forzando a paralización dos traballos.
Máis dun milleiro de emigrantes retornados de toda Galicia maniféstanse a esta hora na Coruña contra as multas que Facenda lles impón polas súas pensións. Máis información, hoxe en Praza.
O BNG de Santiago convoca un "enterro da corrupción" ás 12:00 desta mañá. O cortexo partirá da Praza do Obradoiro e rematará no parque de Bonaval, antigo cemiterio da cidade.
Un estudo realizado por psicólogos das universidades de Manitoba, Winnipeg e British Columbia, en Canadá, analiza a personalidade dos trolls de Internet. Cualifican a súa personalidade como "sádica" e cren que acosan online "porque é máis doado" e que, doutro xeito, estarían molestando persoas do seu entorno