A UE ofrece 11.000 millóns de euros a Ucraína para afastala da quebra. A axuda entregaríase en dous anos e súmase aos 1.000 millóns que achegarán os EUA.
Fálase
A Plataforma Sarriana polo Río denuncia o reinicio das obras de encauzamento do río, centradas nestes momentos na ponte do Toleiro. Un grupo de veciños e veciñas encheu a ponte case de inmediato, forzando a paralización dos traballos.
Máis dun milleiro de emigrantes retornados de toda Galicia maniféstanse a esta hora na Coruña contra as multas que Facenda lles impón polas súas pensións. Máis información, hoxe en Praza.
O BNG de Santiago convoca un "enterro da corrupción" ás 12:00 desta mañá. O cortexo partirá da Praza do Obradoiro e rematará no parque de Bonaval, antigo cemiterio da cidade.
Un estudo realizado por psicólogos das universidades de Manitoba, Winnipeg e British Columbia, en Canadá, analiza a personalidade dos trolls de Internet. Cualifican a súa personalidade como "sádica" e cren que acosan online "porque é máis doado" e que, doutro xeito, estarían molestando persoas do seu entorno
Teresa Gómez Limón, a deputada do PP na Asemblea de Madrid ferida no accidente de Angrois, anuncia que ao remate da lexislatura deixará a política porque "deixa moito que desexar". Ademais das súas críticas pola xestión do sinistro, tamén se pronunciou recentemente en contra da reforma do aborto ou da actuación do Ministerio do Interior en Ceuta
Varias entidades bancarias, encabezadas por Bankia, demandan as construtoras Abertis, ACS e Sacyr polas débedas que manteñen a raíz da construción das autoestradas radiais R-3 e R-5 de Madrid, e que suman un buraco de 5.000 millóns de euros.
O alcalde de Santiago reuniuse onte con Feijóo para pedirlle que manteña o goberno da cidade malia á apertura de xuízo oral contra 7 dos seus edís, segundo La Voz
Falece Luciano Fariña, conselleiro maior do Consello de Contas, aos 68 anos, segundo conta Europa Press. O inspector de Facenda xa exercera este cargo entre 2000 e 2007.
Aquagest tentou cargarlle a Santiago unha factura falsa de 600.000 euros. Un directivo da empresa revela nunha conversa do sumario da Pokémon como intentaba colocar o pago a Ángel Currás.