Aquagest tentou cargarlle a Santiago unha factura falsa de 600.000 euros. Un directivo da empresa revela nunha conversa do sumario da Pokémon como intentaba colocar o pago a Ángel Currás.
Fálase
Un 22% das mulleres europeas sofre violencia machista e a maioría cala. Os datos son moi altos nos países nórdicos e moi baixos en España, pola escasa conciencia social do problema.
O Goberno adxudica o teléfono das maltratadas a unha empresa que despediu embarazadas. Qualytel Teleservices xestionará o 016 malia ser denunciada por despedir traballadoras en estado e persoas con discapacidade.
O xuíz acumula probas do amaño sistemático de contratos en Santiago mentres o alcalde pide a Feijóo que faga unha excepción no código ético do PP e promete non destituír os concelleiros que sentarán no banco dos acusados.
O presidente de Navantia confirma que Fene non participará na construción do flotel neste ano e non aclara nada do anuncio de Montoro sobre o encargo dun buque militar.
Os emigrantes retornados convocan a súa primeira manifestación nacional para mañá mércores na Coruña. A Coordinadora que xunta todas as plataformas galegas de afectados polas multas de Facenda marchará desde a praza de Vigo ás 11 horas e entregará un documento coas súas reivindicacións e as sinaturas recollidas na delegación da Axencia Tributaria.
Beiras confirma a Lidia Senra como candidata de Anova ás eleccións europeas. A ex secretaria xeral do SLG ocuparía o quinto posto da lista conxunta coa esquerda federal, á espera de que a militancia ratifique a proposta.
O PP veta que unha comisión investigue a morte de 15 inmigrantes en Ceuta. Todos os grupos apoiaran a petición de PSOE e Izquierda Plural para debater no pleno.
Faltan catro días para que remate a campaña de crowdfunding iniciada pola Revista Oink! para asegurar a súa continuidade. Polo de agora a publicación acadou algo máis de 6.500 euros, dun total de 36.000 que sinalara como obxectivo.
O Consello de Redacción da Festa da Palabra Silenciada remitiulle unha carta á concelleira de Cultura do Concello de Vigo, Isaura Abelairas, á que acusan de ter mostrado "desprezo" cara a esta publicación, que celebra o seu 30 aniversario e presenta estes días o seu número 29. Afirman que "a decisión desa Concellaría de rebaixar o orzamento" da revista "implicaría un detrimento na calidade que consideramos inadmisible".