O Consello de Redacción da Festa da Palabra Silenciada remitiulle unha carta á concelleira de Cultura do Concello de Vigo, Isaura Abelairas, á que acusan de ter mostrado "desprezo" cara a esta publicación, que celebra o seu 30 aniversario e presenta estes días o seu número 29. Afirman que "a decisión desa Concellaría de rebaixar o orzamento" da revista "implicaría un detrimento na calidade que consideramos inadmisible".
Fálase
A Fundaçom Artábria acusa o Concello de Ferrol de ser o responsable do derrube dunha parte da casa natal de Carvalho Calero, en Ferrol Vello. A entidade considera que nos últimos anos houbo "boas palavras, promessas incumpridas e escassas concreçons, umha das quais supujo o gasto de 350 mil euros públicos para adquirir o prédio". Pero engade que "a falta de continuidade na iniciativa de recuperaçom desse pedaço do nosso património levou a que agora, quando havia mais 168 mil euros comprometidos para umha atuaçom inicial que nom chegava, o edifício tenha colapsado"
Putin ordena o repregamento das tropas que dende hai uns días estaban a realizar exercicios militares no oeste de Rusia. EE.UU. suspende os contactos militares e negociacións sobre o comercio con Rusia.
O paro baixa en febreiro en España por vez primeira dende o inicio da crise. Hai 1.949 persoas desempregadas menos e 38.964 afiliadas máis á seguridade social. En termos desestacionalizados, o paro caeu en 55 mil persoas. En Galicia o número de persoas inscritas nas oficinas de procura de emprego descendeu en 1.006 e hai 1.613 persoas máis afiliadas á seguridade social.
Cae parte da casa natal de Carvalho Calero, no barrio de Ferrol Vello
Genbeta analiza con varios expertos as consecuencias que terá a nova regulación sobre crowdfunding aprobada polo Goberno o pasado venres, e que afecta fundamentalmente as plataformas e actividades de equity crowdfunding (como The Crowd Angel) e crowdlending (préstamos P2P)
Compostela acollerá en abril o congreso Editando para minorías na era dixital, “unha oportunidade para debater sobre a situación do libro e da edición en tempos de recambio tecnolóxico e de agromar de propostas que redescobren o valor dos produtos artísticos de autor, únicos ou concibidos para esixentes minorías"
A xuíza dita a apertura de xuízo oral contra os sete edís de Compostela acusados de prevaricación por querer pagar con fondos públicos o avogado dun imputado na Pokémon. Máis información, esta tarde en Praza.
A Axencia Tributaria atopou catro lingotes de ouro na casa de Conde Roa durante a investigación da Pokémon. Cóntao El País.
Rafael Escudero denuncia en El Diario que "as políticas de contratación que se seguen hoxe en gran parte das universidades públicas son garantía de precarización e control ideolóxico do profesorado". Critica a "precariedade" crecente de PDI e PAS.