Falece Luciano Fariña, conselleiro maior do Consello de Contas, aos 68 anos, segundo conta Europa Press. O inspector de Facenda xa exercera este cargo entre 2000 e 2007.
Fálase
Aquagest tentou cargarlle a Santiago unha factura falsa de 600.000 euros. Un directivo da empresa revela nunha conversa do sumario da Pokémon como intentaba colocar o pago a Ángel Currás.
Un 22% das mulleres europeas sofre violencia machista e a maioría cala. Os datos son moi altos nos países nórdicos e moi baixos en España, pola escasa conciencia social do problema.
O Goberno adxudica o teléfono das maltratadas a unha empresa que despediu embarazadas. Qualytel Teleservices xestionará o 016 malia ser denunciada por despedir traballadoras en estado e persoas con discapacidade.
O xuíz acumula probas do amaño sistemático de contratos en Santiago mentres o alcalde pide a Feijóo que faga unha excepción no código ético do PP e promete non destituír os concelleiros que sentarán no banco dos acusados.
O presidente de Navantia confirma que Fene non participará na construción do flotel neste ano e non aclara nada do anuncio de Montoro sobre o encargo dun buque militar.
Os emigrantes retornados convocan a súa primeira manifestación nacional para mañá mércores na Coruña. A Coordinadora que xunta todas as plataformas galegas de afectados polas multas de Facenda marchará desde a praza de Vigo ás 11 horas e entregará un documento coas súas reivindicacións e as sinaturas recollidas na delegación da Axencia Tributaria.
Beiras confirma a Lidia Senra como candidata de Anova ás eleccións europeas. A ex secretaria xeral do SLG ocuparía o quinto posto da lista conxunta coa esquerda federal, á espera de que a militancia ratifique a proposta.
O PP veta que unha comisión investigue a morte de 15 inmigrantes en Ceuta. Todos os grupos apoiaran a petición de PSOE e Izquierda Plural para debater no pleno.
Faltan catro días para que remate a campaña de crowdfunding iniciada pola Revista Oink! para asegurar a súa continuidade. Polo de agora a publicación acadou algo máis de 6.500 euros, dun total de 36.000 que sinalara como obxectivo.