Wert non recúa. "Se o de españolizar escandaliza, é que ese alguén ten problemas mentais", vén de dicir en Onda Cero tras as súas polémicas declaracións sobre a educación en Catalunya.
Fálase
S&P sitúa España ao bordo do bono lixo. Mantén unha perspectiva económica negativa para o Estado, baseándose na recesión, o índice de paro e as dúbidas da eurozona á hora de compartir riscos.
O FMI pide agora "máis tempo" para España, Portugal e Italia. Co obxectivo de que implementen as políticas de austeridade.
España é o país con maior desigualdade social da eurozona. A crise aumenta as diferenzas entre ricos e pobres.
ERC defende que o castelán debe seguir sendo idioma cooficial nunha Catalunya independente
Os traballadores de El País piden que Javier Moreno abandone o cargo de director e adían a folga de firmas aos días 18 e 19 de outubro
AGE encheu no serán de onte o Teatro Jofre no mitin que Xosé Manuel Beiras e Yolanda Diaz ofreceron en Ferrol
Pachi Vázquez pide no Carballiño a supresión da Deputación de Ourense e chama aos votantes socialistas con dúbidas a non quedar na casa
#debate21O Feijóo gábase de que agora hai "máis sanidade", educación e máis servizos sociais que hai catro anos. Jorquera recoméndalle "non dedicar tanto tempo a Intereconomía" e máis a "falar coa comunidade educativa"
#debate21O Jorquera aborda a desaparición das caixas e Feijóo retruca que o PP fixo "todo o que nos permitiu o seu socio", en referencia ao PSOE.