O FMI pide agora "máis tempo" para España, Portugal e Italia. Co obxectivo de que implementen as políticas de austeridade.
Fálase
España é o país con maior desigualdade social da eurozona. A crise aumenta as diferenzas entre ricos e pobres.
ERC defende que o castelán debe seguir sendo idioma cooficial nunha Catalunya independente
Os traballadores de El País piden que Javier Moreno abandone o cargo de director e adían a folga de firmas aos días 18 e 19 de outubro
AGE encheu no serán de onte o Teatro Jofre no mitin que Xosé Manuel Beiras e Yolanda Diaz ofreceron en Ferrol
Pachi Vázquez pide no Carballiño a supresión da Deputación de Ourense e chama aos votantes socialistas con dúbidas a non quedar na casa
#debate21O Feijóo gábase de que agora hai "máis sanidade", educación e máis servizos sociais que hai catro anos. Jorquera recoméndalle "non dedicar tanto tempo a Intereconomía" e máis a "falar coa comunidade educativa"
#debate21O Jorquera aborda a desaparición das caixas e Feijóo retruca que o PP fixo "todo o que nos permitiu o seu socio", en referencia ao PSOE.
#debate21O Jorquera subliña que o PP se presentou cun programa "e aplica o contrario". Censura que Feijóo "demonice as coalicións", que funcionan "en toda Europa".
#debate21O Feijóo insiste en vencellar ao BNG coa política orzamentaria do PSOE. Jorquera subliña que o Bloque apoiou as contas de Zapatero "nun contexto diferente" e salienta que os desequilibrios orzamentarios son "consecuencia da crise, e non causa dela".