#debate21O Feijóo insiste en vencellar ao BNG coa política orzamentaria do PSOE. Jorquera subliña que o Bloque apoiou as contas de Zapatero "nun contexto diferente" e salienta que os desequilibrios orzamentarios son "consecuencia da crise, e non causa dela".
Fálase
#debate21O Jorquera repróchalle a Feijóo o informe do Consello de Contas que detecta o "desprazamento de 400 millóns de facturas" de 2010 a 2011. Feijóo retrúcalle ao nacioanlista que "non se deixe enganar".
#debate21O Feijóo centra o inicio do debate en censurar a posibilidade de formación dun bipartito e na "solvencia" de Galicia. Jorquera recoméndalle "humildade" e subliña que "solvencia é preocuparse dos máis desfavorecidos"
#debate21O Feijóo abre o debate falando de "dúas opcións de goberno", a "dos socialistas cos nacionalistas" e a do PP "coa maioría de Galicia". Jorquera comeza sinalando que o PP "non merece unha segunda oportunidade" porque "o seu proxecto fracasou" e está "ás ordes de Rajoy". O BNG, di, non vai formar "un bipartito con Mario Conde".
Traballadores de Alcoa manifestáronse este mércores polas rúas da Coruña. Reclaman unha solución á tarifa eléctrica dos grandes consumidores que garanta a continuidade da planta da cidade. Imaxe de @Maymind78.
#eleccións21O Feijóo e Jorquera están xa na sede da CRTVG. Ás 21:30 comeza o terceiro dos debates electorais.
Controlado o incendio na refinería da Coruña. Algúns veciños de Meicende foron desaloxados, pero Repsol asegura que o lume xa está practicamente extinguido e sen perigo para a poboación máis achegada. Imaxe de @Cacharronmartin.
Incendio na refinería da Coruña. Un fume negro sae de preto das instalacións de Repsol e cobre parte da cidade. A compañía asegura á Radio Galega que o lume está totalmente controlado. Imaxe de @pacalvo2
Televisión Española estrea este sábado o programa semanal que dedicará ás "actividades" do rei e do príncipe Felipe. Cóntao Vertele.
Un grupo de traballadores e traballadoras de Radio Nacional de España pon en marcha a iniciativa Salvemos RNE. "Nin queremos esta, nin a de Aznar, nin a de Felipe" senón a dos "últimos anos", din, nun contexto no que se confesan "atónitos" ante "unha radio na que os temas incómodos para o Goberno desaparecen ou son relegados". Podedes ler aquí o comunicado íntegro.