Controlado o incendio na refinería da Coruña. Algúns veciños de Meicende foron desaloxados, pero Repsol asegura que o lume xa está practicamente extinguido e sen perigo para a poboación máis achegada. Imaxe de @Cacharronmartin.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/5075ad358b0f5-a43r0f5cyaenwqn.jpg)
Controlado o incendio na refinería da Coruña. Algúns veciños de Meicende foron desaloxados, pero Repsol asegura que o lume xa está practicamente extinguido e sen perigo para a poboación máis achegada. Imaxe de @Cacharronmartin.
Incendio na refinería da Coruña. Un fume negro sae de preto das instalacións de Repsol e cobre parte da cidade. A compañía asegura á Radio Galega que o lume está totalmente controlado. Imaxe de @pacalvo2
Televisión Española estrea este sábado o programa semanal que dedicará ás "actividades" do rei e do príncipe Felipe. Cóntao Vertele.
Un grupo de traballadores e traballadoras de Radio Nacional de España pon en marcha a iniciativa Salvemos RNE. "Nin queremos esta, nin a de Aznar, nin a de Felipe" senón a dos "últimos anos", din, nun contexto no que se confesan "atónitos" ante "unha radio na que os temas incómodos para o Goberno desaparecen ou son relegados". Podedes ler aquí o comunicado íntegro.
A Liga Estudantil Galega lanza un vídeo sobre a xestión do ministro de Educación, José Ignacio Wert, para animar á participación na "xornada de loita estudantil" de mañá, 11 de outubro. En Galicia, as protestas están tamén apoiadas polos Comités e Agir.
Hollande e Rajoy piden avanzar na unión bancaria. Solicitan que no vindeiro Consello Europeo se avance "tanto como sexa posible" nesta unificación bancaria na eurozona.
O fiscal xeral do Estado ve "difícil" establecer que houbo "estafa" coas preferentes. Torres-Dulce cre que o feito de que o acordo sexa un contrato civil dificulta esta consideración, aínda que aclara que hai "excepcións concretas".
A secretaria xeral do PP, Dolores de Cospedal, entra na campaña galega amosándose satisfeita dende Vigo por que en Galicia non existan "desvaríos independentistas" nin "ocorrencias como anexións a Portugal".
O PSC afunde nas enquisas en Catalunya. Unha sondaxe do Centre d'Estudis d'Opinió (CEO) da Generalitat sitúa os socialistas como a cuarta forza política en intención directa de voto, por detrás de CiU, ERC e ICV-EUiA. Os autores do estudo salientan, con todo, que existe moito voto oculto e que unha boa parte corresponde ao PSC. Tamén apuntan a que CiU podería obter a maioría absoluta. Tres de cada catro cataláns apoian a celebración dun referendo de autodeterminación.
#eleccións21O A Xunta lembra que mañá remata o prazo para solicitar o voto por correo