A secretaria xeral do PP, Dolores de Cospedal, entra na campaña galega amosándose satisfeita dende Vigo por que en Galicia non existan "desvaríos independentistas" nin "ocorrencias como anexións a Portugal".
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/507572376917c-2012_10_10_tmk6hmtcehkgvc0jq0veg2.jpg)
A secretaria xeral do PP, Dolores de Cospedal, entra na campaña galega amosándose satisfeita dende Vigo por que en Galicia non existan "desvaríos independentistas" nin "ocorrencias como anexións a Portugal".
O PSC afunde nas enquisas en Catalunya. Unha sondaxe do Centre d'Estudis d'Opinió (CEO) da Generalitat sitúa os socialistas como a cuarta forza política en intención directa de voto, por detrás de CiU, ERC e ICV-EUiA. Os autores do estudo salientan, con todo, que existe moito voto oculto e que unha boa parte corresponde ao PSC. Tamén apuntan a que CiU podería obter a maioría absoluta. Tres de cada catro cataláns apoian a celebración dun referendo de autodeterminación.
#eleccións21O A Xunta lembra que mañá remata o prazo para solicitar o voto por correo
O socialista Agustín Fernández é xa alcalde de Ourense. A súa investidura foi apoiada polo seu grupo e mais polo BNG. En La Región.
O ministro de Educación, José Ignacio Wert, márcase como obxectivo "españolizar" o alumnado de Catalunya. En El Diario.
Greenpeace dedica a súa revista de outono á pesca artesanal en Galicia. A protagonista é Genoveva Maneiro, mariscadora na ría de Arousa, que explica os problemas para traballar nun mar esquilmado. Pódese ler aquí.
O Goberno italiano baixa os impostos ás rendas máis baixas e sobe un punto o IVE. O Executivo aproba os Orzamentos para 2013 nos que se prevé un axuste de 11.600 millóns de euros.
O diario alemán Spiegel faise eco das declaracións de José Manuel Castelao Bragaña, o ex presidente do consello da cidadanía española no exterior e antigo deputado do PPdeG que dixo que "as leis son como as mulleres, están para violalas".
Euskadi celebra o seu primeiro debate electoral, coa presenza de seis partidos políticos. O día 17 debaterán xuntos Urkullu, Mintegi, Patxi López e Basagoiti, tal e como conta Naiz.
A fuga de capitais de España e Italia pon en perigo a estabilidade da eurozona. Case 300.000 millóns de euros marcharon do Estado no último ano.