Greenpeace dedica a súa revista de outono á pesca artesanal en Galicia. A protagonista é Genoveva Maneiro, mariscadora na ría de Arousa, que explica os problemas para traballar nun mar esquilmado. Pódese ler aquí.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/507522f130be5-portadagpm03.jpg)
Greenpeace dedica a súa revista de outono á pesca artesanal en Galicia. A protagonista é Genoveva Maneiro, mariscadora na ría de Arousa, que explica os problemas para traballar nun mar esquilmado. Pódese ler aquí.
O Goberno italiano baixa os impostos ás rendas máis baixas e sobe un punto o IVE. O Executivo aproba os Orzamentos para 2013 nos que se prevé un axuste de 11.600 millóns de euros.
O diario alemán Spiegel faise eco das declaracións de José Manuel Castelao Bragaña, o ex presidente do consello da cidadanía española no exterior e antigo deputado do PPdeG que dixo que "as leis son como as mulleres, están para violalas".
Euskadi celebra o seu primeiro debate electoral, coa presenza de seis partidos políticos. O día 17 debaterán xuntos Urkullu, Mintegi, Patxi López e Basagoiti, tal e como conta Naiz.
A fuga de capitais de España e Italia pon en perigo a estabilidade da eurozona. Case 300.000 millóns de euros marcharon do Estado no último ano.
Os gobernos británico e escocés pactan que o referendo de independencia que se celebrará en 2014 terá unha única pregunta descartando a opción intermedia que demandaba o SNP. O Reino Unido cedeulle a Escocia os poderes legais para realizar a consulta. O acordo definitivo anunciarase nos vindeiros dias.
García de Paredes rexeita un acordo con Novagalicia para devolver a indemnización de cinco millóns e medio de euros que recibiu. A Fiscalía Anticorrupción reclámalle ao exdirector xeral adxunto de Caixa Galicia que devolva o 96% desa cantidade. José Luis Pego, Gregorio Gorriarán e Óscar Rodríguez Estrada tamén rexeitaron devolver os cartos.
A vitoria de Romney no debate permítelle recurtar a distancia que o separa de Obama. O candidato demócrata lidera as sondaxes por unha escasa marxe, pero segue dominando nos estados clave, coma Ohio ou Virxinia, aínda que o republicano gaña en Florida.
As manifestacións e as cargas policiais sucedéronse este martes en Atenas ante a visita de Merkel ao país, na que apoiou a permanencia de Grecia no euro.