Fálase
A vitoria de Romney no debate permítelle recurtar a distancia que o separa de Obama. O candidato demócrata lidera as sondaxes por unha escasa marxe, pero segue dominando nos estados clave, coma Ohio ou Virxinia, aínda que o republicano gaña en Florida.
As manifestacións e as cargas policiais sucedéronse este martes en Atenas ante a visita de Merkel ao país, na que apoiou a permanencia de Grecia no euro.
O FMI alerta de que un atraso na solución da crise da eurozona pode provocar unha caída do PIB español do 3,2% e que a prima de risco chegue aos 750 puntos se o Goberno non pide o rescate. A entidade recoñece que calculou mal o impacto da austeridade na economía
#debate21O No bloque social Jorquera vincula o incremento de ingresos para o benestar cunha reforma do financiamento autonómico. "En todo o que mellore o financiamento autonómico vai ter ao lado ao PSdeG", di Vázquez, que aposta por incrementar en 100 millóns ao ano o orzamento para atender a dependencia.
#debate21O Jorquera afonda na proposta de banca pública galega, que "custaría o mesmo que unha autovía interior". Vázquez subliña que "coincide en facer chegar financiamento ás empresas e ás familias é clave" e debulla a súa proposta de reforma fiscal, con impostos á banca.
#debate21O Os candidatos socialista e nacionalista expoñen as liñas mestras do seu programa económico, como unha reforma fiscal para "que pague máis quen máis ten", sinala Jorquera, que engade que "mañá lle cantarei as verdades ao señor Feijóo". Vázquez afonda na súa "preocupación" polo informe do Consello de Contas.
#debate21O Comeza o debate entre Vázquez e Jorquera. O candidato socialista refírese na intervención inicial ao informe do Consello de Contas sobre o suposto ocultamento do déficit da Xunta en 2010. O aspirante nacionalista subliña a importancia dos debates e de que a sociedade "se mobilice" e vote o día 21.
O PP convoca aos medios, mañá á mañá en Ferrol, para "presentar unha denuncia polos incidentes que tiveron lugar durante a pegada dos carteis do PP na cidade". Neses incidentes producíronse duras cargas policiais.
#debate21O Alberto Núñez Feijóo non verá en directo o debate entre Pachi Vázquez e Francisco Jorquera. Atópase en Tui, nun mitin.