#debate21O Alberto Núñez Feijóo non verá en directo o debate entre Pachi Vázquez e Francisco Jorquera. Atópase en Tui, nun mitin.
Fálase
#debate21O Pachi Vázquez e Francisco Jorquera veñen de chegar á sede da CRTVG. Ás 21:30 protagonizan o segundo dos debates electorais
PP, PSOE e UPyD rexeitan un referendo en Catalunya. Desbotan a proposición de ERC para que o Goberno transferise á Generalitat a factultade de convocar consultas.
El País concreta o ERE que presentará: 128 despidos a 20 días por ano cun máximo de 12 mensualidades brutas, 21 prexubilacións para maiores de 59 anos e un 15% de redución de salario para todo o cadro de persoal. Entra en vígor unha folga de sínaturas durante un mes. Ademais, o Comité de Empresa aprobou en asemblea este luns a convocatoria de 18 días de folga, que se levaran a cabo máis adiante.
Rosana Pérez vén de tomar posesión como deputada do BNG no Congreso. Substitúe no escano ao candidato do Bloque á Presidencia da Xunta, Francisco Jorquera.
PP e Ciutadans apoian a manifestación a prol da unidade de España do vindeiro venres en Barcelona. Os dous partidos apoian a marcha convocada en contra do separatismo con motivo da celebración do 12 de outubro.
Quince manifestantes antifascistas detidos en Grecia denuncian "torturas" segundo The Guardian. Angela Merkel visita Atenas este martes con grandes protestas cidadás na súa contra a pesar de que as manifestacións foron prohibidas.
Manuel M. Barreiro analiza no seu blog o debate de onte á noite entre Núñez Feijoo e Pachi Vázquez e considera que o candidato socialista aproveitou mellor o encontro.
Os traballadores do naval de Ferrol cortaron con barricadas as saidas das cidade esta madrugada para protestar pola falta de carga de traballo. Afirman que "isto é soamente un pequeno toque de atención" e ameazan con recrudecer a loita.
Principio de acordo para a aplicación da taxa Tobin. Once estados da UE, entre eles España, acordan a creación dun imposto ás transaccións financeiras, unha vella reivindicación de movementos como Attac.