#debate21O No bloque social Jorquera vincula o incremento de ingresos para o benestar cunha reforma do financiamento autonómico. "En todo o que mellore o financiamento autonómico vai ter ao lado ao PSdeG", di Vázquez, que aposta por incrementar en 100 millóns ao ano o orzamento para atender a dependencia.
Fálase
#debate21O Jorquera afonda na proposta de banca pública galega, que "custaría o mesmo que unha autovía interior". Vázquez subliña que "coincide en facer chegar financiamento ás empresas e ás familias é clave" e debulla a súa proposta de reforma fiscal, con impostos á banca.
#debate21O Os candidatos socialista e nacionalista expoñen as liñas mestras do seu programa económico, como unha reforma fiscal para "que pague máis quen máis ten", sinala Jorquera, que engade que "mañá lle cantarei as verdades ao señor Feijóo". Vázquez afonda na súa "preocupación" polo informe do Consello de Contas.
#debate21O Comeza o debate entre Vázquez e Jorquera. O candidato socialista refírese na intervención inicial ao informe do Consello de Contas sobre o suposto ocultamento do déficit da Xunta en 2010. O aspirante nacionalista subliña a importancia dos debates e de que a sociedade "se mobilice" e vote o día 21.
O PP convoca aos medios, mañá á mañá en Ferrol, para "presentar unha denuncia polos incidentes que tiveron lugar durante a pegada dos carteis do PP na cidade". Neses incidentes producíronse duras cargas policiais.
#debate21O Alberto Núñez Feijóo non verá en directo o debate entre Pachi Vázquez e Francisco Jorquera. Atópase en Tui, nun mitin.
#debate21O Pachi Vázquez e Francisco Jorquera veñen de chegar á sede da CRTVG. Ás 21:30 protagonizan o segundo dos debates electorais
PP, PSOE e UPyD rexeitan un referendo en Catalunya. Desbotan a proposición de ERC para que o Goberno transferise á Generalitat a factultade de convocar consultas.
El País concreta o ERE que presentará: 128 despidos a 20 días por ano cun máximo de 12 mensualidades brutas, 21 prexubilacións para maiores de 59 anos e un 15% de redución de salario para todo o cadro de persoal. Entra en vígor unha folga de sínaturas durante un mes. Ademais, o Comité de Empresa aprobou en asemblea este luns a convocatoria de 18 días de folga, que se levaran a cabo máis adiante.
Rosana Pérez vén de tomar posesión como deputada do BNG no Congreso. Substitúe no escano ao candidato do Bloque á Presidencia da Xunta, Francisco Jorquera.