A Liga Estudantil Galega lanza un vídeo sobre a xestión do ministro de Educación, José Ignacio Wert, para animar á participación na "xornada de loita estudantil" de mañá, 11 de outubro. En Galicia, as protestas están tamén apoiadas polos Comités e Agir.
Fálase
Hollande e Rajoy piden avanzar na unión bancaria. Solicitan que no vindeiro Consello Europeo se avance "tanto como sexa posible" nesta unificación bancaria na eurozona.
O fiscal xeral do Estado ve "difícil" establecer que houbo "estafa" coas preferentes. Torres-Dulce cre que o feito de que o acordo sexa un contrato civil dificulta esta consideración, aínda que aclara que hai "excepcións concretas".
A secretaria xeral do PP, Dolores de Cospedal, entra na campaña galega amosándose satisfeita dende Vigo por que en Galicia non existan "desvaríos independentistas" nin "ocorrencias como anexións a Portugal".
O PSC afunde nas enquisas en Catalunya. Unha sondaxe do Centre d'Estudis d'Opinió (CEO) da Generalitat sitúa os socialistas como a cuarta forza política en intención directa de voto, por detrás de CiU, ERC e ICV-EUiA. Os autores do estudo salientan, con todo, que existe moito voto oculto e que unha boa parte corresponde ao PSC. Tamén apuntan a que CiU podería obter a maioría absoluta. Tres de cada catro cataláns apoian a celebración dun referendo de autodeterminación.
#eleccións21O A Xunta lembra que mañá remata o prazo para solicitar o voto por correo
O socialista Agustín Fernández é xa alcalde de Ourense. A súa investidura foi apoiada polo seu grupo e mais polo BNG. En La Región.
O ministro de Educación, José Ignacio Wert, márcase como obxectivo "españolizar" o alumnado de Catalunya. En El Diario.
Greenpeace dedica a súa revista de outono á pesca artesanal en Galicia. A protagonista é Genoveva Maneiro, mariscadora na ría de Arousa, que explica os problemas para traballar nun mar esquilmado. Pódese ler aquí.
O Goberno italiano baixa os impostos ás rendas máis baixas e sobe un punto o IVE. O Executivo aproba os Orzamentos para 2013 nos que se prevé un axuste de 11.600 millóns de euros.