O Consello de Seguridade da ONU rexeita a condena aos bombardeos en Siria que promoveu Rusia e que á que se uniron as delegacións de Bolivia e China. O secretario xeral, António Guterres, apelou a evitar unha "escalada" que cause maior "sufrimento" á poboación siria e advertiu de que "non existe solución militar ao conflito, ten que ser política".
